jueves, 10 de marzo de 2011

Cheiraba a filloas, orellas, laconadas....

Pois si, estas semans, días atras, cheiraba a filloas, orellas, laconadas e demais productos tipicos nas datas do carnaval, estaba o pobo cheo de xente o martes para velas comparsas, tivemos unha ledicia ó ver como voltaba unha comparsa que o ano pasado non estaba os prejaseiros, e voltaron pola porta grande gañando o primeiro posto no concurso pero sobre todo entraron pola porta grande gracias ó seu despliegue de gracias, a ese grandisimo jose de carmola facendo do papa, a mucha e nucha, ós bailes, etc...
Levamos unha gran sorpresa có despliegue da comparsa da galería, cá sua orquesta Gando, os presentadores Estrella e Iria, que mais que Fisterrana parece que é extranxeira có acento que lle bota, juan de cuello facendo de reporteiro na punta do muelle ou no castillo.
Outra gran sorpresa, ainda que xa sabiamos do que era capaz, nola dou a comparsa do Rombos, e o xa mitico rei do carnaval fisterran, Santi Caneta, o jafalle, cas particulares carmele, lidia lozano, dinio, etc...
Outra agradable sorpresa é a comparsa "Fisterrana" de Dumbria, porque si, para moitos dos fisterrans que imos ano tras ano a comparsa de Dumbria é unha comparsa fisterrana, é un gran pracer ver a Cesar Ferrio falando como un fisterran mais, facendo parodia, e falando das cousas nosas como si vivira en Fisterra. O de Lady traba foi un dos moitos detalles que ten esta comparsa.
E para o ultimo queriamos comentala gratisima sorpresa da xa veterana comparsa da casa do mar, despois dos bailes e de facer reivindicacions nas instalacions da casa do mar ó alcalde, quedamos todos cá boca aberta co baile tan moderno que se marcaron cá música "Danza kuduro", como ben decían eles "o que se baila no Titanic", tede cuidado todolos que imos ó Titanic o fin de semana, que calquer dia imos a velos nosos abuelos bailando na tarima.
Dende aqui queria facerlle unha proposta ós integrantes de Fisterra House Mafia, cando fagades un video clip, contade cá comparsa da casa do mar, porque marcha teñen de sobra, e que sigan asi por moitos anos.

O final de todolos cheiros de carnaval, cheira a Fisterra, a retranca fisterrana presente nos carnavais parece resucitar, que vivan os carnavais de Fisterra!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario