lunes, 27 de diciembre de 2010

Penoso, patetico, vergonzoso...

Estes eran os calificativos que se podían escoitar onte no campo de futbol, unha entidade cá traxectoria do Fisterra non merece a patetica historia vivida onte.
Onte tiña que ser un día de festa para todos os fisterrans, un día para homenaxear a todolos presidentes, directivos, xogadores e aficcionados que pasamos tardes e tardes no campo de futbol, tiña que ser un día onde se tería que ver no campo de futbol ós xogadores que representaron a nosa vila en terceira división, aqueles xogadores que gañaron ligas, copas, en categoría absoluta, xuvenil ou cadete, un día onde o campo tiña que estar cheo e que todos tiñamos que recordar o que fumos nestes 50 anos, un homenaxe ós miculita, cachuso, familia planchete, paco de atros, borrasca, miculita fillo, juan jesus, vareta, pituso, juan carlos velay, os irmans marco e cesar do cabo, tantos e tantos xogadores importantes para o noso equipo, etc... En resumen, tiña que ser un día para recordar por todos nos, e disfrutar de aqueles xogadores que a xente mais xoven non puderon ver, un día para homenaxear ós socios que mais anos levan, un día noso.
En cambio os organizadores do evento, organizaron un partido ca plantilla actual(podemos ir a velos cada 15 días e ainda así non estaban todos) contra o Xallas (sen querer faltarlle o respeto) ¿Que significa o Xallas na historia do noso equipo? Se ainda fora o Cee  poderiamos entendelo. Na copa da costa podese dar este partido, e non nun homenaxe de 50 aniversario.
Comentario aparte ten a organización dos actos, primeiro e o mais bonito da tarde, foi o saque da honra por parte de Alfonso, o mellor de todo.
A megafonia estaba situada nun coche o lado da cantina, co que na grada non se entendía nada.
E o acto que mais deixou ca boca aberta a xente, foi a entrega de placas os presidentes, algo que tería que ser como unha festa, decindo a quen se lle entregaba a placa cantos anos estivo como presidente e os logros acadados, etc... Pois resultou ser unha entrega de placas no medio do campo sen que ningun dos espectadores se enterara de nada, xa que non habia megafonia.

En resumen, un acto que en vez dunha festa foi un acto que nunca estivo á altura da entidade nin dos aficcionados, xogadores, directivos e presidentes.

Unha pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario